Manifestación en Vigo en apoio a La Insurgencia.

Como organizar a defensa?

Esculca organiza un foro de activistas no Matadoiro de Compostela para analizar os límites da liberdade de expresión e como nos afecta a represión dos dereitos civís no terceiro aniversario da entrada en vigor da lei mordaza, o mesmo día que en Vigo convocárase unha concentración ás portas do Marco en apoio ao grupo de rap La Insurgencia que tivo que cambiar de escenario.

Written by: Erik Dobaño Salgado

Published on: 19/03/2018

Eduardo Rodríguez, colaborador na sección OPINIÓNS de adiante.gal

Fetichismo cultural: do Vindel ao dinoseto

Tras o éxito que supuxo para a cidade o préstamo temporal do manuscrito Vindel ao Museo do Mar de Galicia, desde o goberno municipal xorde a iniciativa de solicitar o traslado definitivo da peza a Vigo, petición que se inscribe no marco dun conflito máis amplo entre o Concello e a Xunta. Porén, a lectura non ten que ser tan só en chave partidista: o relevante é a 'cousificación' e a banalización do noso patrimonio cultural.

Written by: Eduardo Rodríguez

Published on: 15/03/2018

Antonio Miguez Macho.

“A singularidade espanhola nom é o genocídio, senom a absoluta impunidade dos seus executores”

Antonio Miguez Macho, professor de História Contemporánea na USC, é um dos autores da obra colectiva 'Verdugos impunes. El franquismo y la violación sistémica de los derechos humanos', um compêndio de todos os actos de violaçom de direitos humanos desde 1936 até a transiçom. "Nom houvo um fenómeno de repressom selectivo: é massivo, porque assi foi concebido desde o início", di.

Written by: Antom Santos

Published on: 15/03/2018

Ximena González, co-editora de adiante.gal e activista feminista.

8M: Un encontro afortunado ou un desafío ao status quo?

Unha reflexión en torno á folga internacional de mulleres do xoves pasado e as dúas preguntas que xorden desde a sociedade e os poderes públicos. O feminismo lanzou un desafío político con poucos precedentes: dirixirse á sociedade, ao ámbito do persoal e íntimo e ás institucións a un tempo e desde diferentes voces e propostas.

Written by: Ximena González

Published on: 12/03/2018

Laura Bugalho onte en Compostela.

A necesidade ten cara de herexe

Un día de folga de mulleres con Laura Bugalho, feminista, sindicalista, entre bombos e berros polas prazas de Compostela. Un día incómodo para tomar as rúas. E logo, á noite, outra vez.

Written by: Erik Dobaño Salgado

Published on: 09/03/2018

Ilustración de Alberte Murado.

Nove maneiras máis de ser muller

Sorprende que a estas alturas sigamos con reclamacións de hai 107 anos. Pero seguimos cunha fenda salarial e os traballos que se nos ofrecen son non cualificados, mal pagados e temporais, o que nos obriga a emigrar ás mozas e deixa ás adultas o labor dos coidados familiares.

Written by: Erea Blanco

Published on: 06/03/2018

Emma Pedreira, colaboradora na sección OPINIÓNS de adiante.gal

#8M

Teño a casa chea de merda e purpurina. Roupa por encartar. Louza que non chouta soa do lavalouza aos andeis nin á inversa. Libros por ler, por escribir. Cadela que pasear, nenas que queren escoitar contos, miramamá, miraquefago. Teño sobre min o eco rebotante de típicas frases de nai, enunciadas por todo tipo de xente que nin o é: vaitecomeramerda, acasaésempreoúltimonosdeberes (deberes?).

Written by: Emma Pedreira

Published on: 06/03/2018