A cultura, esa fráxil indispensábel

“Gustaríame que nós sentaramos a desfacer o Estado español e pensar outro tipo de gobernanza”

05/08/2018

Parte I | "Para min, a primeira cuestión transversal é o xénero. Porque ser muller sitúate nun lugar no mundo, e nun mundo patriarcal sitúate en segundo plano. Ser muller neste mundo patriarcal é moito máis duro pero moito máis interesante", di María Ruido, cineasta, feminista, galega emigrada que vive entre Madrid e Barcelona, filla de emigrantes a Alemaña que se criou coas irmás e os irmáns nunha familia coa nai ausente e unha historia silenciada que ela empezou a reconstruír nos seus filmes.