featured article
Forza Arxentina!
Últimos artigos
Este sábado tócame ir a Balaídos para honrar un acordo que hai máis ou menos un ano alcancei cos meus curmáns: converter os partidos entre os dous grandes equipos de fútbol galegos nunha ocasión para a reunión familiar. Vémonos pouco, como se os 150 quilómetros que separan A Coruña de Redondela fosen unha distancia sideral, así que calquera desculpa é boa para marcar no calendario unha xuntanza obrigatoria. A falta de vodas, bautizos e comuñóns, que na miña familia escasean ultimamente, ben vale o fútbol.