urbanismo, Coruña, Hotel Finisterre, Solana, Porto da Coruña, especulación,

Meter a cidade (á xente) no porto

O maior desenvolvemento urbanístico na historia da cidade, o modelo no que se sustenta, todas as actuacións iniciadas até hoxe mesmo, responden á visión do "carácter depredador do sector inmobiliario".

Written by: Erik Dobaño Salgado

Published on: 09/08/2018

Petón do Lobo, Verdegaia. ContraMINAcción, minaría, San Finx, Lousame

Quen se ocupa destas balsas?

“Tungsten San Finx tamén sostén que as balsas non facían parte dos dereitos. Négase a recoñecer que os terreos sexan deles. Din que adquiriron os terreos, pero que as presas non son deles. Non se responsabiliza. Tahoces o que di é: as presas eran para almacenamento de auga, son competencia de Augas de Galicia. E Augas de Galicia o que di é: non, esas balsas están colmatadas de sedimentos mineiros, iso é cousa de minas. Pasan a pelota uns aos outros”

Written by: Erik Dobaño Salgado

Published on: 03/08/2018

Imaxes. Jorge Guzmán. Ferrol, reconversión industrial, demografía

Ferrol: a derrota da actitude

Non é fácil aceptar a realidade. As mozas e mozos non topan incentivos para quedarse e o comercio e a restauración ven que innovar significa ter que pechalo negocio. Só o que era coma antes, coma nos bos tempos, triunfa. Ferrol non é Detroit, está dito, pero Ferrol e Detroit gardan una estreita e melancólica relación de urbes que co paso do tempo mudaron de diamante a peza de carbón.

Written by: Jorge Guzmán

Published on: 30/07/2018

Mañá sol e bo tempo? Contexto e axendas da saúde mental

Esta é unha exposición dos recentes movementos no panorama da saúde mental en todo o Estado, unha tentativa de aproximación a posíbeis escenarios futuros. As liñas seguidas por unha parte do activismo, sendo perfectamente lexítimas e necesarias, poden non ser as que precisen máis pulo.

Written by: Erik Dobaño Salgado

Published on: 11/07/2018

Reportaxe sobre sanidade pública. Enfermeiras.

Deserción da xerencia; autoorganización das enfermeiras

O persoal da sanidade pública galega ten que organizarse por conta propia e botar horas extra para atender as demandas das e dos pacientes mentres os xestores miran para outro lado. O persoal mingua; mentres a demanda é cada vez máis intensa polo avellentamento da poboación. Inevitabelmente, a calidade da atención baixa. E ese é o argumento utilizado polos xestores para avanzar no asalto privatizador á sanidade pública.

Written by: ana *

Published on: 10/07/2018