“Queremos axudar a construír un espazo galego de comunicación”
"Non queremos ser o centro, senón construírmos entre todos ese espazo galego de comunicación que agora mesmo no caso do papel non existe", di Xoán Costa, presidente de 'Sermos Galiza', promotor de 'Sermos O Diario Galego', que anda presentando estes meses por todo o país co obxectivo de sumar, antes de final de xullo, 3.000 subscricións ao proxecto dun xornal galego en papel.
Written by: Amara Gándara
Published on: 04/07/2018





