Joan Vila i Triadú. Barcelona, 1961. Xornalista.

Joan Vila: “O xornalismo debe ser un dereito social, mesmo como o dereito á vivenda”

“En realidade o xornalismo independente non existe, porque ao final rematas dependendo de alguén”. O que buscaban, e seguen nela, é depender “da xente, da cidadanía”, explica Joan Vila, un dos tres fundadores de Crític, un medio catalán de xornalismo lento que se sostén con publicidade e as achegas dunhas 1.600 subscritoras e subscritores. "Os xornalistas debemos traballar en Internet da man da sociedade, buscando o contacto coas lectoras e lectores", di.

Written by: ana *

Published on: 07/06/2018

Procurando a reaçom no tempo de desconto

Em 2018, com registos de quecimento climático inauditos e com o sobardamento do pico do petróleo reconhecido mesmo pola Agência Mundial da Energia, a comunidade científica fala de ponto de nom retorno de consequências imprevisíveis. Entre o autismo dos mais e o activismo duns poucos, também a Galiza tem que afrontar um cámbio de época que traerá enormes desafios.

Written by: Antom Santos

Published on: 06/06/2018

Reportaxe sobre contencións mecánicas en saúde mental. Testemuños: Alfredo, Francisco e Mercedes, entrevistados na Coruña.

Pacientes contra a lóxica da contención mecánica

O diagnóstico é o primeiro elo da cadea. Haberá máis. “Ás consultas xa non acoden suxeitos. Chegan enfermos para ser localizados no sistema”. O ingreso é outro elo. Haberá máis. “A terapia non existe. No eido da saúde mental só existe a coacción”. A medicación, outro elo. O último elo, o que pecha a cadea, o que destrúe as últimas pontes co mundo dos humanos, é o da contención mecánica.

Written by: Erik Dobaño Salgado

Published on: 31/05/2018

Montserrat Golías, socióloga.

“O fillo do emigrante, diante de calquera volta da vida, móvese”

Naquela época de emigración masiva, conta Montserrat Golías, non só eran as circunstancias económicas as que empurraban á xente a marchar. “Hai moitas historias detrás, historias de enfrontamentos familiares e rupturas, topeime con moitos casos de fillas ou fillos de nais solteiras que non o souberon até que empezaron a tramitar a nacionalización. A emigración levara consigo moitos segredos”, di a socióloga coruñesa, autora dun estudo sobre a emigración galega a Arxentina e a Cuba.

Written by: Erik Dobaño Salgado

Published on: 17/05/2018

Ferrol. Imaxe: Jorge Guzmán. Maio 2018.

Ferrol, unha balea varada nunha praia

“Ferrol era coma unha especie de illote industrial en Galicia, con horarios pautados, estamental. E ese mundo xa non está. Perdeuse autoestima. Como esas estrelas que xa se extinguiron pero segue a chegar a súa luz. Seguimos pautas ideolóxicas e políticas de un mundo que xa non é. Entre esas inercias e a xente moza que escapou é moi difícil construír. Ferrol unha balea varada nunha praia”. Ferrol é hoxe unha cidade cun pé no pasado e outro no presente, quizais algo insegura para cambiar de posición e encarar o futuro.

Written by: Jorge Guzmán

Published on: 14/05/2018

Coruña, cidade sitiada

A tensión entre as dúas forzas en disputa polo modelo de cidade na Coruña que hoxe depende en boa medida do que se decida para o porto reavívase coa resposta cidadá diante dos últimos movementos do Estado e da Xunta. Mañá sábado, 12 de maio de 2018, veciñas e veciños concentraranse diante da Autoridade Portuaria para denunciar o último movemento dos especuladores urbanísticos na cidade.

Written by: Erik Dobaño Salgado

Published on: 10/05/2018

A privatización da sanidade pública.

Como laminar á clase médica que se opón aos recortes e ás privatizacións

O Goberno de Alberto Núñez Feijóo comezou a aplicar en maio do 2009, nada máis chegar ao poder, unha calculada estratexia de eliminación dos profesionais sanitarios que non comulgaban cos seus plans de recortes e privatizacións na sanidade pública, para situar nos postos de mando intermedio dos hospitais galegos a médicos próximos ao ideario do Partido Popular.

Written by: Juan Oliver

Published on: 08/05/2018