O Sergas anunciou este sábado, 18 de xaneiro, mes e medio despois de fechar o servizo de paridoiro no Hospital de Verín, que formalizará a próxima semana a contratación de dous pediatras para este hospital destinados á atención de recenteme nados, mentres que prevé a reapertura do paritorio “nos primeiros días” de febreiro.
Guillermina Agulla, a xerente do hospital, explicou nun comunicado de que se traballa na redacción “dun protocolo para retomar con garantías e seguridade a atención aos partos” ao comezo do próximo mes.
O Sergas formalizará a contratación de dous pediatras para Verín na vindeira semana https://t.co/qotmmJSO90
— Xunta de Galicia (@Xunta) January 18, 2020
Que orgullo e que contentas estamos de ver os resultados das loitas ????????????
Agora sí #VerinNonSePechahttps://t.co/RW65lhhPiW— SINDICATO PROSAGAP (@prosagap) January 18, 2020
[Verín] GAÑAMOS! Que o PP non o venda como unha decisión propia, foron o pobo, o feminismo e as veciñas quen fixeron posíbel esta vitoria contra Feijóo. Este 1 de marzo imos todas a Verín celebralo! #VerínNonSePecha #FeminismoParaVivir #Gañamos https://t.co/ZzH6okj7K2
— Marcha Mundial Mulleres Galiza (@MMMGaliza) January 18, 2020